Proximamente en iOS e Android

Busca o prato.Atopa o sitio.

Fotocarta dicheche que restaurantes próximos teñen o que che apetece, do polbo á feira a unhas zamburiñas, e canto custa. Con cartas que manteñen a comunidade e os propios locais.

  • App Store
  • Google Play

De balde para descargar e usar.

Datos de exemplo

Buscar un prato:polbo

Inclúe resultados para «pulpo»

  1. Polbo á feira

    Taberna do Exemplo · 350 m

    14,50 €

    Comunidade

    Actualizado hai 3 días · prezo orientativo

  2. Pulpo a la gallega

    Casa Imaxinaria · 600 m

    15,00 €

    Verificado

    Actualizado hoxe · prezo orientativo

  3. Polbo con cachelos

    Bar A Proba · 1,1 km

    12,00 €

    Comunidade

    Actualizado hai 2 semanas · prezo orientativo

Arrástrao ou usa as frechas arriba e abaixo.

Buscar

Comeza polo que che apetece.

Tres xeitos de buscar, ordenados sempre polo que tes máis preto.

Por prato

Escribe «zamburiñas» e verás quen as ten na carta. Se ninguén preto as ten, amosámosche pratos parecidos.

Por tipo de comida

Marisco, pizza, vexetariana: primeiro os sitios dedicados a iso, despois os que o teñen na carta.

Por restaurante

Xa sabes onde vas? Atópao e mira a súa carta antes de chegar.

Cartas

Unha carta en papel, convertida en texto.

Calquera pode achegar a carta dun local. Así se mantén ao día:

Os prezos son orientativos: cada carta amosa cando se actualizou por última vez.

Transparencia

Sabes de onde sae cada dato.

Comunidade

Perfil non oficial. Achégano usuarios e revísao o equipo de moderación.

Verificado

Xestionao o propio restaurante, que demostrou que o local é seu.

Algo non cadra? Desde calquera ficha podes avisar dun erro ou denunciar contido.

Para restaurantes

O teu local seguramente xa está aquí.

Reclama o teu perfil para levar ti a túa carta. Comprobamos que o local é teu cun código por teléfono.

ProximamentePanel para restaurantes

  • Corrixe os datos e o horario do local.
  • Mantén a carta e os prezos ao día desde o panel web.
  • Pide que se retire o que non sexa correcto.

Que che apetece hoxe?

Descarga Fotocarta cando estea dispoñible e busca por prato nos restaurantes da túa zona.